Recomendando manga 1: Fruit Basket de Natsuki Takaya

Imaxe
 Hoxe gustariame falar dundos meus mangas favoritos polo que teño un amor incondicional. Estou falando de Fruit Backet de Natsuki Takaya. Nesta fermosa obra editada por Norma editorial seguimos a unha rapaza chamaza Toru que perde a sua nai e empeza a vivir cunha misteriosa familia chamada os Soma que cando teñen contanco con alguén do sexo oposto transformanse nun respectivo animal do zodiaco. Toru terá que aprender a vivir con esta xente e coñece tanto as súas historia como a si mesma. Esta obra foi das primeiras colecións de manga que empecei e encantoume tanto como relata as emocións como os persoaxes.  Unha obra imperdible e mais coa fermosa nova edición de Norma. Moitas grazas por ler.💗💗

comentando series 1: 31 minutos (2003-2014)

 Hoxe gustaríame falar dunha moi famosa en latinoamerica pero non moi coñecida neste lado do charco. Estou falando de 31 minutos




Puis, Tulio


31 minutos é unha serie Chilena dos 2000's de títeres creada por Álvaro Diaz e Pedro Peirano que satirizaba os programas de noticias (e a televisión en xeral) que polos seus persoaxes carismáticos, polo seu formato orixinal, e polas canción absurdísimas e pegañentas volvérase un fenómeno non so en chile senon en toda latinoamerica e o mundo


Moitos vos soarán estos persoaxes polo seu incrible concerto Tiny Desk do ano pasado pero eu coñerao polos múltiples memes da serie e o comencei a ver no 2024 durante o periodo das ABAU e axudoume bastante a manter a cordura durante ese periodo.


Entras a este serie pensando que será un programas educativo con títeres e teñen todo un capítulo para dicir que lles resulta imposible ser educativos (a pesar de ter tamen os seus momentos). Non podes ser mais encantadores estes persoaxes.


O meus dos capítulos favoritos son "El Magito Explosivo" T1 Ep10 e "Mugre" T2 Ep 14.


É unha maravilla as notas verdes de Juan Carlos Bodoque e a aventuras de Calcetín con Rombos Man.



So podo recomendar esta serie a todo o mundo e confirmar que pasaredes un moi bo rato e ata pode que coma mín vos roube  a personalidade.



Moitas grazas por ler.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Que estou lendo? 18/01/2026

reseñando películas 1: Rondallas (2026)

Recomendando manga 1: Fruit Basket de Natsuki Takaya